Carlos M. Otero (Carliños Meco), Vigo, 1969.
Membro da Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI).
Membro da Confederación Española de Fotografía (CEFOTO).
Membro da Féderation Internationale d l'Art Photographique (FIAP).
Galardoado nas Calificaciones FEPFI 2018 y 2019.
Obras en Colección de Honor FEPFI.
Os meus comenzos no mundo da fotografía foron en 1989, empregando unha cámara Praktica BC3 con lentes Prakticar 50mm e Cosina 28-210, realizando traballos de paisaxe, fotografía urbana e costumista e reportaxes para boda, empregando película para copias sobre papel a cor e pancromática para copias en branco e negro.
Entre 1994 e 2005 os traballos fanse cun corpo de cámara Nikon N50 con lentes Nikkor 18-55 e Tamron 28-200. A meirande parte das fotografías son feitas con película para diapositivas, quedando a película para copias en papel exclusivamente para reportaxes de boda baixo encarga. A temática é na súa meirande parte fotografía de viaxes e paisaxe.
A partires do 2005 todos os traballos fanse empregando medios dixitais. Ata 2012 as cámaras utilizadas (tipo bridge) son Panasonic Lumix e Sony Cybershot. Dende 2012 os corpos de cámara utilizados son exclusivamente Nikon, inicialmente de tipo APS-C (D5100) e posteriormente full frame (D750). A temática é diversa, pois abarca retrato, macrofotografía, paisaxe e astrofotografía. Os medios empregados amplíanse, incorporando equipo para fotografía de estudo para retrato e macrofotografía, e un telescopio sobre montura autoguiada e computerizada co conxunto necesario para fotografía planetaria e de espazo profundo.
As exposicións dos meus traballos foron:
Entre xullo e setembro do 2015 exposición "Entre Tres", xunto con Abe Rábade e Ricardo de Barreiro, no Grove (Pontevedra).
En outubro e novembro do 2015, exposición "Conversas", xunto con Abe Rábade, en Santiago de Compostela (A Coruña).
En xullo e agosto do 2016, exposición "Conversas", xunto con Abe Rábade, en Vigo (Pontevedra).
En setembro e outubro do 2016, exposición "Instantes", en Cambrils (Tarragona).
De abril a xuño do 2017, exposicion "Nordés", en Cambrils (Tarragona), inaugural da reapertura do Museu Marítim de la Torre del Port.